Etiqueta: usb

authUSB
authUsbEventosNoticias

ACTO DE ENTREGA PREMIO SECURITY FORUM 2018

El pasado día 31 de Mayo, parte de nuestro equipo nos trasladamos a Barcelona para recibir  El Premio Security Forum al Mejor Proyecto de Seguridad  del año realizado en España, concedido a nuestro dispositivo  authUSB.

La concesión de este galardón ha supuesto para nosotros un gran reconocimiento e impulso a nuestra labor de desarrollo e innovación en el campo de la ciberseguridad. Además nuestro nuestro CTO Javier Bermúdez realizó ,ante los asistentes al forum, una presentacion de nuestra solución authUSB, cosechando una excelente acogida.

Tuvimos así mismo la oportunidad de compartir unos momentos muy gratos con el resto de premiados y finalistas, asi como con las autoridades y todas aquellas personas implicadas de uno u otro modo en el organizacion del evento.

Agradecemos  la buena acogida dispensada en todo momento, esperando tener la oportunidad el año próximo de asistir a este foro.

 

Fotos de todos los premiados

authUsbEventosNoticias

authUSB entre los proyectos ganadores de la aceleradora VIA GALICIA

Empresa

Desde 2013, ViaGalicia investiu 6,5 millóns de euros en máis de 160 proxectos.

Desde 2013, ViaGalicia investiu 6,5 millóns de euros en máis de 160 proxectos.

A tecnoloxía e a innovación protagonizan os 15 proxectos finalistas de ViaGalicia

Máis de 200 iniciativas presentáronse á quinta edición da aceleradora que impulsan Zona Franca de Vigo e Xunta de Galicia

O Comité Técnico de ViaGalicia, a aceleradora de empresas impulsada polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia, deu a coñecer os 15 proxectos elixidos para a fase final da súa quinta edición. Empresas de sectores como a fabricación de satélites, a certificación forense, as plataformas dixitais, o deseño industrial, a mecánica ou a agroalimentación terán oportunidade de desenvolver durante seis meses, coa axuda dun equipo de expertos, os seus proxectos e modelos de negocio.

Hai varios Alén, fabricante de satélites chave en man; AuthUSB, que deseñou unha ferramenta para a prevención de todo tipo de ataques en dispositivos USB; Direct Dump, un sistema que facilita un proceso de autocertificación forense dirixido a peritos informáticos ou forzas de seguridade; Data Monitoring, que deseña solucións de IoT (Internet Of Things) para monitorizar depósitos de auga e leite e RocketForms, plataforma que produce formularios interactivos para a súa inserción en páxinas web.

Os finalistas traballarán durante seis meses en Porto do Molle para perfeccionar os seus proxectos

Dentro da contorna dixital atópanse os proxectos Livetopic, asesor financeiro online; Legalmit, bufete virtual online para avogados; ou Tidyant, unha aplicación para a xestión do ciclo de venda e post-venda de empresas de servizos técnicos. Ademais, seleccionáronse iniciativas como Ertha Surfboards, fabricante de táboas de surf eco-friendly; Xtonebox, dedicados á fabricación de equipos vintage de alta fidelidade e audio profesional; ou Colibrí, centrada na venda de scooters con deseños moi atractivos e a última tecnoloxía en mecánica.

A agroalimentación tamén estará presente, coa selección de catro proxectos relacionados co sector: Galician Brew, premiada gama de cervexas con personalidade propia; Bisqato, nova marca galega de queixos e pastas brandas gourmet; Orballo, a primeira plantación de té ecolóxica certificada de Europa; e Grilier, sazonador gourmet saudable para grelladas.

Ademais, aos quince proxectos seleccionados sumouse Emsamble, dirixido ao desenvolvemento dun sistema de arquitectura modular que chegou ata a fase de Academia da anterior edición e que agora foi seleccionado tras a súa inscrición na convocatoria extraordinaria Fast Track que ViaGalicia abriu por primeira vez o pasado mes de febreiro. O Comité Técnico ha podido constatar a súa importante evolución neste último ano e a súa idoneidade para sumarse á fase de aceleración.

No fallo do comité tívose en conta a capacidade de retorno do investimento para os potenciais inversores nos proxectos, as súas posibilidades de captar clientes e validar produtos con eles durante o proceso de aceleración e a súa relevancia estratéxica no tecido empresarial galego. Tamén se valorou a solidez dos equipos e a presentación que realizaron os días 23 e 24 de marzo nos DemoDay, que se celebraron en Lugo e Vigo.

Agora, os 15 finalistas traballarán desde Porto do Molle para consolidar os seus proxectos de cara a 15 futuras rondas de investimento. Recibirán axuda especializada e contarán cun financiamento de ata 125.000 euros, en forma de préstamos participativos, ademais dunha subvención a fondo perdido.

ViaGalicia ten por obxectivo é apostar por proxectos innovadores a través dun programa de asesoramento, traballo en común e financiamento. Desde o seu comezo, en 2013, recibiu máis de1.000 propostas de negocio e investiu 6,5 millóns de euros en máis de 160 proxectos. Deles, case 70 saíron adiante como empresas e creáronse máis de 360 empregos.